
Página 19 de 29

Xa está aquí a Semana de Cine de Ádega de 2018!!!!
Este ano trae unha programación ben completa con proxeccións, charlas e un curso práctico de iluminación, non a podes perder!!!
Arrincamos este domingo cunha sesión moi especial dentro de “Ás nove na praia”
*proxeccións Salón García 4 eur. público xeral (abono 4 días 10 euros), de balde para os nosos socios.
*curso iluminación 10 euros público xeral, de balde para socios.

Nos últimas semanas pedímoslles aos socios que propuxesen títulos para ser proxectados no Salón García. O primeiro film escollido é «O Sal da Terra», o marabilloso documental sobre a vida e obra do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado, dirixido por Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado.
A proxección terá lugar o mércores 4 de abril ás 21:00


Neste mes de Marzo hai programadas dúas proxeccións, os mércores 07 e 21, en horario de 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.
El día 7 Cine Clube Ádega proyectará “Certain Women” y el 21 “Baran”

