Página 3 de 29

Preparádevos para esta edición da SEMANA DE CINE, con música, inmersión 3D, baile, masterclass e tamén cine!!

Abre a programación da ‘Semana de Cine’ no Salón García o popular filme de Oliver Laxe, ‘Sirat. Trance en el desierto’, con dous pases programados para o luns día 4 ás 20:00 horas e ás 22:30 horas e rematará o sábado cunha cita especial no Castriño

‘Sirat’ conta a historia dun pai e o seu fillo, que chegan a unha ‘rave’ perdida en Marrocos para buscar a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. O filme gañou o Premio do Xurado no certame fracés, un dos máis importantes, así como o recoñecemento á súa banda sonora que “acompaña adecuadamente os paisaxes áridos e silencios deste viaxe interior”, segundo explicaron dende o propio festival.

O martes ás 12:00 horas impartirase unha Masterclass de Dirección de Arte por Marta Villar. Xa pola tarde, ás 21:30 horas, proxectarase ‘A rapaza da agulla’ (2024). A película presenta a historia de Karoline, unha moza embarazada e desempregada que loita por sobrevivir na Copenhague posterior á Primeira Guerra Mundial.

O mércores ás 21:30 horas o filme-concerto a cargo de Chus Pazos Trío, que interpretará en directo a banda sonora das películas ‘Seven Chances’ e ‘One Week’, dous clásicos do cine mude do director Buston Keaton.

Ao día seguinte, ás 21:30 horas, proxectarase ‘Xorda’ (2025), unha película que nos conta a historia de Ángela, unha muller xorda que vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte á maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla.

Na xornada do venres, ás 19:00 horas, de balde e con inscrición previa na web de Cine Club Ádega, os usuarios poderán facer unha viaxe inmersiva aos fondos rochosos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Máis tarde, ás 21:30, os cativos serán os protagonistas con ‘Nausicaä do Val do Vento’, sobre un mundo postapocalíptico onde os humanos foron diezmados e os poucos que quedan sobreviven a duras penas en asentamentos illados.

Finalmente, o sábado 9, cita especial no parque Valdés Bermejo (O Castriño), cunha noite de cinema e picnic ao aire libre, a partir das 21:00 horas. Nesta ocasión, proxectarase un filme sorpresa de Bollywood, con entrada de balde. Animamos aos asistentes a ir caracterizados ao espectáculo, ven sexa cunha túnica, cun punto vermello pintado na fronte ou outros elementos típicos desta cultura.

Tik-Tak, Tik-Tak… ⏱

Xa queda pouco para a Semana de Cine 🎞 📽

Estade ben atentos!!! 🔔

Programación Xuño 2025

Programación Maio 2025

Programación Abril 2025

Neste mes de abril as proxeccións serán os XOVES ás 20:30h.

Con unha programación de filmes na que predomina o cine dirixido por mulleres, coa excepción dunha homenaxe máis que merecida ao recentemente finado David Lynch.

Programación Marzo 2025 | Ciclo Mulleres Directoras

Dende este venres 7 de marzo unirémonos ás actividades do #díadamuller co inicio dun ciclo adicado a tres mulleres directoras, o cal foi subvencionado nunha parte polo CIM de Villagarcía, motivo polo cal a entrada para os tres filmes que o compoñen será de bale para todo o mundo.

Este ciclo xurdiu dunha idea coa nosa socia, a directora de arte Marta Villar, quen será a encargada de presentar os tres filmes.

O primeiro deles “Prefiero condenarme” (2024), un documental sobre un xuízo por adulterio contra unha mariscadora da Ría de Ferrol nos primeiros anos 70, escrito e dirixido pola galega Margarita Ledo Andión, quen virá a proxección e nos introducirá ao seu filme xunto a Marta Villar. E trala proxección tamén teremos a oportunidade de entablar un coloquio con ela.

Continuaremos o venres 14 coa proxección de Bird (2024), un drama social escrito e dirixido pola británica Andrea Arnold, que obtivo excelentes críticas.

Para finalizar o venres 21 co filme de animación e utopía feminista “El sueño de la sultana” (2023), escrito e dirixido pola donostiarra Isabel Helguera, e baseado no libro de 1905 da escritora bengalí e pioneira na loita dos dereitos das mulleres Begum Rokeya, quen imaxinou neste clásico da litaratura india un mundo gobernado por mulleres.

Tódalas proxeccións serán no Salón García ás 20:30 con entrada de balde ata completar aforo.

Podes reservar a túa entrada e ver a ficha:

Página 3 de 29

© 2026 Cine Clube Ádega & Web desarrollada por Prixma. &Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies