Neste mes de xuño proxectaremos dúas longametraxes. Nesta ocasión os títulos elixidos son “Demain” (Mañá) e “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia).
A primeira das dúas citas terá lugar este mércores día 5 ás 21 horas no Salón García. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, veremos o filme francés “Demain” (Mañá), premiado como o Mellor Documental nos Premios Cesar 2015 do cinema francés.
“Tras a publicación dun estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade en 2100, Cyril Dion e Melánie Laurent e un equipo de catro persoas visitan dez países para investigar as causas da catástrofe, e sobre todo, a forma de evitala. Durante a súa viaxe atopan pioneiros que reinventan a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación. Rematado o seu traballo vislumbran a posibilidade de que xurda un mundo novo: o mundo do mañá”
O día 19 proxectaremos o filme xaponés de 2018 “Manbiki Kazoku” (un asunto de familia), no mesmo lugar e hora.
“Osamu e o seu fillo a topan unha nena en medio do frío glacial. Ao principio, a muller de Osamu é reacia a albergar a nena, pero ao ver as dificultades que afronta, acepta coidar dela. Aínda que a familia é pobre e apenas sobrevive a base de cometer pequenos delitos, parecen vivir felices xuntos, até que un accidente imprevisto revela secretos ocultos que porán a proba os lazos que os unen”
Deja una respuesta