Do oscarizado director Ryûsuke Hamaguchi (Drive My Car, mellor película estranxeira nos Oscars 2022), este mes de maio traémosvos A ruleta da fortuna e da fantasía (2021), o seu filme anterior que tivo unha enorme acollida entre a crítica internacional. Dividida en tres historias independentes, esta obra de apariencia sinxela e dotada de asombrosa simetría estructural nos fala do azar das relacións humanas, de segredos por confesar e sentimentos non expresados que farán aflorar entre os personaxes (e o público) as emocións máis profundas. É unha cinta que non deixa de sorprender. Proxección: mércores 4 de maio.
E co motivo do Día das Letras Galegas, este ano proxectaremos A virxe Roxa de Marcos Nine, o documental que se alzou gañador do premio Mestre Mateo deste ano polo seu poderío visual e narrativo. O documental, que inclúe partes de animación, recupera a historia da ferrolá Aurora Rodríguez, muller que pasou á historia por se-la asasina de Hildegart Rodríguez, a súa propia filla, concibida por Aurora coma un experimento. Se queres saber máis sobre estas dúas mulleres non te perdas a proxección. A entrada será de balde, e o director Marcos Nine estará presente para introducir a súa obra e conversar co público. Proxección: mércores 18 de maio.
Reserva xa as túas entradas aquí!
Semana de Cine 2024 | Día 1: Illa de Cans
Praia da Concha
Vilagarcía de Arousa
Semana de Cine 2024 | Día 2: A zona de interese
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 3: Tres
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 4: Filme-concerto: O home mosca
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 5: Stop Making Sense
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 6: C’è ancora domani | PASE 1 20:00
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 6: C’è ancora domani | PASE 2 22:15
Salón García
Rúa do Alcalde Rey Daviña, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Semana de Cine 2024 | Día 7: Bitelchús
Parque Botánico Enrique Valdés (CASTRIÑO)
Deja una respuesta